Acceso a zona privada   |   Castelán   |   Galego
Observatorio de Ciencia e Tecnoloxía Universitario de Galicia
Información xeral
Indicadores básicos
SUG
Capacidades de I+D
Documentación
Ligazóns
Estructura do observatorio

O deseño do Observatorio de Ciencia e Tecnoloxía Universitario de Galicia dividiuse en dúas grandes áreas:

1 INDICADORES

  • Indicadores básicos
    O obxectivo deste epígrafe é ofrecer unha panorámica xeral do I +D no Sistema Universitario Galego (SUG) en comparación co conxunto español. Para iso, ofrécense unha selección dos principais indicadores relativos aos recursos, as actividades e os resultados da investigación realizada nas universidades, comparándoas coa media española.
  • Indicadores de referencia
    Neste epígrafe ofrécese información básica sobre o SUG e a súa contorna, a fin de poñer en contexto as informacións de I +D que se van proporcionar con posterioridade. Por iso, desde a perspectiva das universidades analízanse os gastos que elas realizan, así como o seu profesorado e alumnado. De igual modo, e debido á importancia que nos últimos anos está adquirindo a terceira misión das universidades, ofrécense datos sobre o papel desempeñado polo sector de ensino superior no nivel educativo dos axentes económicos do territorio.
  • Indicadores de I+D
    Constitúen o núcleo dos datos estatísticos que achega o observatorio. Preténdese ofrecer os principais datos e indicadores relativos ás actividades de I +D do Sistema Universitario de Galicia, no seu contexto socioeconómico. Os datos e indicadores, relativos aos tres últimos anos dispoñibles, estructúranse nos seguintes epígrafes: Recursos, tanto económicos como humanos, dedicados polo SUG ás actividades de I +D; Actividade científica do persoal universitario en proxectos de I +D competitivos; Cooperación e transferencia, que pretenden mostrar o nivel de colaboración con empresas e outros axentes sociais e indicadores de Resultados científicos e tecnolóxicos: que ofrece información sobre a produción científica e técnica do SUG.

2 CAPACIDADES DE I+D
Neste epígrafe proporciónase acceso á información pormenorizada sobre as liñas de investigación, proxectos, patentes, etc., dos grupos de I +D, que constitúe a oferta científico técnica conxunta do SUG e o acceso ás estruturas de interface e outros servizos que o SUG ofrece á sociedade.

logotipo da Xunta de Galicia
© Xunta de Galicia. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Secretaría Xeral de Universidades.